Menú

Proxecto Probono 2016

PROBONO2016
20 Jun 2016Nosotr@s

Como cada ano, en Nasas volvemos co noso proxecto Probono co que achegamos o noso graniño de area para conseguirmos un mundo mellor. Gústanos investir o noso tempo persoal e profesional a fomentar proxectos que comparten os nosos valores e ideas. En 2015 realizamos a web de Alcer Coruña, en  2014 o site da asociación cultural de A Coruña La Escuela Iniciativas Culturales e en 2013 deseñamos o logotipo para a cooperativa enerxética galega Nosa Enerxía.

En 2016 abrimos unha nova convocatoria para todas aquelas entidades que necesitan axuda para elaborar un novo deseño de imaxe corporativa, un plan de comunicación dixital, campaña de captación ou a creación/redeseño dunha web. Entre todas as candidaturas que se presenten, escolleremos unha entidade que cumpra os seguintes requisitos:

  • Entidades sociais ou culturais, non afiliadas a ningún partido político ou relixión.
  • Ingresos inferiores a 750.000€ anuais.
  • Sede en A Coruña, aínda que o seu traballo se realice en calquera parte do mundo.

Se necesitas algún dos servizos que ofrecemos e queres que o desenvolvamos sen ningún coste para vós, escríbenos contándonos quen sodes, que necesitades e por que deberiades ser o noso seguinte proxecto Probono:  info@nasassocialmedia.com co asunto REF. Probono 2016 ata o 1 de xullo.

Estamos desexando coñecervos! 🙂

 

One thought on “Proxecto Probono 2016

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analítica, publicidad y experiencia de usuario. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Información de cookies. ACEPTAR