Menú

VACANTE NASAS: Creador de contidos junior

Agencia_marketing_online_Coru_C3_B1a
16 Ago 2016 Nosotr@s

En Nasas estamos buscando unha nova persoa para o noso equipo de contidos, desenvolvendo tarefas no eido do marketing online como xestión de contas en redes socias e blog, xestión de campañas publicitarias en internet: social ads e SEM,  xestión da reputación online e escoita activa. Buscamos a unha persoa JUNIOR que creza connosco na empresa. Moi valorable que teñas coñecementos básicos de SEO e experiencia previa en comunicación offline.

  • Requisitos:
    -Estudos superiores: Licenciatura ou Grao.
    -Idiomas: perfecto coñecemento do galego e castelán, falado e escrito (Imprescindible). Bo coñecemento do inglés, falado e escrito (mínimo B2).
    -Uso diario de redes sociais Facebook, Twitter, Instagram. Valorable experiencia con contidos en Snapchat.
    -Coñecementos básicos de html
    Creatividade, curiosidade, “think out of the box”, proactividade, responsabilidade, autonomía.
    Experiencia mínima en xestión de contas en redes socias: contidos, soporte cliente, elaboración de informes de reporting, xestión de social ads, xestión de concursos. Achegar exemplos de páxinas en redes sociais que levaras para marcas, artistas, empresas, entidades, etc.
    -Experiencia mínima en xestión de wordpress e redacción de contidos para blog.
    -Experiencia mínima en gabinete de comunicación: redacción notas de prensa, xestión de entrevistas, relacións cos xornalistas.
    -Experiencia mínima en xestión de clientes: asistencia a reunións, creación de propostas.
  • Desexable:

    -Experiencia en xestión de campañas SEM: Google Adwords e RTB
    -Experiencia en xestión da escoita activa e monitorización en internet.

Coche e carné de conducir

Solicitude:

Envía, por favor, o teu CV (max. 2 follas) con exemplos (ligazóns) de contas que xestionaches e un pequeno resumo informal de quen es: que che gusta, interesa, que fixeches previamente (max 6 liñas) a fatima.carmena@nasassocialmedia.com antes do 4/09/2016.

Se encaixas co que estamos a buscar, chamarémoste para unha entrevista persoal na semana do 5 ao 9 de setembro.
A incorporación está prevista para o mes de setembro na nosa sede no centro da Coruña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analítica, publicidad y experiencia de usuario. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Información de cookies. ACEPTAR